Friday 17 de May de 2024

A Gala do Deporte premia a 58 campións e campioas oleirenses nacionais e internacionais


O Auditorio Gabriel García Márquez de Mera quedouse pequeno esta tarde para a celebración da Gala do Deporte de Oleiros. Un total de 58 oleirenses que acadaron triunfos e podios en campionatos nacionais e internacionais durante os anos 20, 21 e 22 recibiron a homenaxe institucional do Concello neste acto.

Os deportistas premiados foron:

Begoña de Arriba Bellogín (atletismo)
Jesús Manuel Villadóniga Martín (esgrima)
Juan Fernández López (surf)
Mariana Suárez de Llano (paddle surf)
Sofía Puñal García (paddle surf)
Iván Puente Rodríguez (paddle surf)
Paloma Porta Álvarez (paddle surf)
Ana Marta Pérez (paddle surf)
Manuel Mata Seoane (paddle surf)
Mateo Martínez Blanco (balonmán)
Marco García De Castro (balonmán)
Mónica Castelo Mejuto (rugby)
Damian Ramos Sanchez (ciclismo)
Andrés Prieto Villar (tríatlon)
Almudena Quereda Rodríguez (natación)
Sabela Lage Rivera (judo)
Antonio Sandino Ramos (judo)
Vladimir Zapparov (taekwondo)
Diego Fernández Pascual (taekwondo)
Marvin Fernández Pascual(taekwondo)
Rubén Galdo Maira (taekwondo)
Helena García Suárez(taekwondo)
Aldara Rodríguez Mirás (ximnasia artística)
Erik Cortázar Boado (ximnasia artística)
Iria Álvarez Fuentes, (ximnasia rítmica)
Candela Martínez Bobo, (ximnasia rítmica)
Equipo infantil do club de ximnasia Acordes (ximnasia estética): Inés Díaz, Lucía Álvarez, Sara Gómez, Alba Longarela, Loaira Maquieira e Claudia Veiga
Equipo sénior do club de ximnasia Acordes (ximnasia rítmica): Alicia García Montoto, Carolina Villar Núñez, Elena Torres Martínez, Iria Álvarez Fuentes, Macarena Gayoso Lodeiros, Paloma Smyth López, Sabela Martínez Martínez, Sara Casanova Espiñeira e Silvia Montero Bouzas
Jorge Manzanares Arias (salvamento e socorrismo)
Jaime Ares Castro (salvamento e socorrismo)
Brais Cardezo Teijido (salvamento e socorrismo)
Alejandro Montes Lale (salvamento e socorrismo)
Carmen Montes Lale (salvamento e socorrismo)
Jaime Ares Filloy (salvamento e socorrismo)
José Manuel Sánchez Sánchez (piragüismo)
Luis Miguel Escourido García-Sousa (remo)
Álvaro Alvedro del Río (remo)
Toni Ripoll González (vela)
Inés Vázquez López (hóckey a patíns)
Raúl Couto Aradas (patinaxe de velocidade)
Jorge Enrique Castro Vilariño (patinaxe de velocidade)
Manuel Taibo González (patinaxe de velocidade)
Olivia Rey Pérez (patinaxe artística)
Lucas Yáñez Pérez (patinaxe artística)
Julia Benedetti González (monopatín)

Na súa intervención o alcalde, Ángel García Seoane, mostrouse “orgulloso” e louvou o esforzo destas persoas e reafirmou que continuará o apoio municipal ao deporte, tanto a nivel de promoción e sostemento dos clubs, como a nivel de infraestruturas, xa que simplemente dedicando espazos acaídos para o deporte é un xeito moi efectivo de contribuír ao brillo dos seus protagonistas. Pola súa parte, a concelleira de Deportes, felicitou tanto a deportistas, como a clubs e familias e Manu Taibo e Lucas Yáñez, en representación do conxunto dos deportistas, agradeceron a aposta do Concello de Oleiros polo deporte.

Todos as persoas premiadas recibiron do alcalde, Ángel García Seoane, e da concelleira de deportes, Teresa Vázquez Maseda, unha escultura realizada especificamente por Susana González Amado. A Big Band de Oleiros amenizou en directo a gala, que foi presentada polo xornalista Alfonso Hermida.